martes, 15 de marzo de 2016



A que conclusións chegamos?
Resultado de imagen de experimento de milgram

Unha vez realizado o proxecto, chégase a unha cerca conclusión poderíase dicir tanto sociolóxica como psicolóxica sobre o noso comportamento en xeral e a súa relación coas ordes, coa autoridade e ata que punto somos capaces de obedecer incluso se iso supón causar danos inhumanos a outra persoa como no experimento, pero de modo máis particular, o cal é o punto fundamental do experimento, ata que punto nos deixamos levar se estas ordes ou influencias proceden da televisión.
O equipo non creía que os concursante puidesen chegar a ese extremo de obediencia, xa que tras 10 días de observación, o 81% dos concursantes chegaron até o final ( mentras que no experimento anterior de Milgram a porcentaxe fora do 62%, é dicir, un significante cambio) incluso chegando a plantearse os científicos que “ a televisión podería organizar o asasinato dunha persoa baixo o disfraz de entretemento”, xa que 8 de cada 10 persoas participaría.
O porqué disto? A obediencia. Dende nenos aprendemos as regras da vida coas ordes dos nosos pais, aplicándosenos castigos que tratan de ensinarnos que non podemos desafiar ditas regras sen sufrir consecuencias. Deste modo pois, imos asinando certas autoridades como lexítimas. Deste modo pois, a medida que crecemos, cremos ser persoas autónomas e independentes cando en realidade nos relacionamos a través de regras entre poderes e autoridades aos que nos sometemos a maioría das veces sen reparar nelo.
A historia do siglo XX deberíanos ter ensinado a “desobedecer”, mais o problema atópase no porqué consideramos a televisión unha autoridade lexítima á que nos debamos someter.
Neste experimento preséntasenos unha muller ou un home ao que se lle plantexan unhas regras cuns obxectivos no marco da televisión. Esta persoa atópase sin ningún tipo de apoio, atópase soa ante a proposición unicamente coa compañía dos seus valores ( os cales se dividen en: compatibles co descuberto, e incompatibles) e serán precisamente estos valores compatibles os que os conduzan a asinar o contrato, xa que sen defensa son obedientes.
Para esta conclusión sobre o experimento tamén se debe ter en conta a presión que sobre os concursantes exercerá o feito de que é a primeira vez que se atopan nun plató de televisión, ante a presentadora famosa, un público e demais.
Ahora ben, no comezo desta conclusión atopámosnos coa chamada “escala de compromiso”, na cal a medida que presionan máis palancas, máis se comprometen os concursantes a continuar. Deste modo, pasan a encontrarse nun estado xa denominado no experimento de Milgram como “ estado axéntico”, no que alguén que se considera autónomo, en canto se encontra nunha situación na que alguén cun certo estatus lle ordena algo, este entra en estado de obediencia converténdose en axente.
Cando chegan á palanca dos 80 voltios, os concursante comezan a presentar un dilema entre os valores incompatibles e esto xera unha tensión que o 70 % das persoas descargará mediante a risa, o cal os fará relaxarse e, polo tanto, continuar ( xa contemplado tamén por Milgram).
Na seguinte etapa, a partir dos 180 Voltios, o examinador atopa o dilema de se obedecder á autoridade que lle exise que continúe ou plantarse dado os lamentos de Jean-Paul. Para resolver isto, o 17% dos concursantes optan por facer trampa e así evitar enfrontarse coa autoridad, mais tentando evitar as regras do xogo. Esta conducta reduce o sentimento de culpa, xa que canaliza o estrés cara unha actitude “positiva”.
Unha vez rondados os 320 Voltios e negándose Jean-Paul a continuar, a inmensa maioría dos examinadores continúan, negan á víctima a través do que Milgram chamara “huída”, é dicir, falan por riba dos gritos, tentando “aloxalos” de eles ao mesmo tempo que non quere continuar e desexa acabar o antes posible. Chegados a este punto, as exhortacións da autoridade avanzan de menor a maior grao, moitos deles á segunda ou terceira exhortación continúan despois de intentar convencer á autoridade de que o que se está a facer é incorrecto, mais danse 9 casos nos que os participantes desobedecen levando a cabo un verdadeiro enfrontamento directo coa autoridade. Isto débese a que ninguén é resistente por natureza, senón que se trata dunha característica que adquirimos coa educación e vivencias.
Ademáis desta negación a través do estado axéntico, atopámosnos posteriormente outra negación: o 15% dos examinadores afirman que sabían que a situación non era real e por iso continuaron, mais se isto non é posible dado que todas estas persoas manifestaron conductas de estrés ou fixeron trampa, cousa que non acontecería se fose verdade o que afirmaban. Milgram xa afirmara co 6% pertencente ao seu experimento que esta conducta eliminaba todo tipo de estrés.
Mais a pesar de todo isto, debemos considerar que a pesar de continuar, ningún dos participante levou a cabo o obxectivo con agrado, cousa que incluso se demostra en maior medida na fase na que, a partir dos 80 voltios, a un grupo de examinadores a presentadora retíraselles do plató tendo unicamente a presión do público, e o 75% abandona.
Como fase resolutiva a todo isto, poderíamos dicir que o punto de partida do comportamento era que os participantes consideraban a televisión como unha autoridade da que poder fiarse. E isto débese nada máis e nada menos a que a segunda actividade máis practicada polos franceses despois de dormir é ver a televisión, a cal difunde os seus valores ata facernos crer que é unha autoridade que se nos pode impoñer. Isto explica que un 30% non mostrara ningunha reacción e continuara o programa até o final.
En canto á opinión concluída polos integrantes do grupo deste traballo, o documental pareceunos moi interesante o documental polo feito de que se basease na recreación doutro anterior e que nos presente uns resultados semellantes. Isto fai que reflexionemos sobre o poder que ten a televisión para influenciarnos ata o punto de facerlle dano a unha persoa. Ademais a narración do documental é moi axeitada xa que se nos explica científicamente as reaccións dos concursantes pero cunha linguaxe sinxela que calquera persoa sen estudos en socioloxía ou psicoloxía comprende. Tamén queremos destacar que ao incorporar imaxes que reflicten perfectamente o que se nos está narrando fai que o documental sexa máis ameno e que logremos manter a atención nel a pesar de saber dende un principio que o que imos ver non é real.
Resultado de imagen de el juego de la muerte










Onde se atopan os seus antecedentes?

Finalmente, se nos remontamos aos antecedentes do experimento, poderíamos engadir que, anteriormente a este experimento, fíxose outro que aparece mencionado no documental, o cal foi desenvolto por Stanley Milgram, psicólogo na Universidade de Yale.
Co experimento, Milgram explica algúns dos horrores dos campos de concentración da Segunda Guerra Mundial, onde xudeus, xitanos, homosexuales, eslavos e outros inimigos do estado foron masacrados polos nazis.
Ademais, co experimento quería medir a disposición dun participante a obedecer as ordes dunha autoridade,  incluso cando estas ordes puideran ocasionar un conflito co seu sistema de valores e coa súa conciencia. Este experimento que se puxo en marcha en 1961, pretendía cambiar a psicoloxía para sempre. Milgram intentou investigar como vítimas do holocausto aceptan administrarlle correntes eléctricas a un estrano se unha autoridade llo pedía.
Os voluntarios captáronse a través dun cartel colocado nas paradas de autobús, mediante un correo ou por un anuncio no periódico invitándoos a formar parte dun experimento sobre “memoria e o aprendizaxe”. Por simplemente participar pagaríanselle catro dólares. Fíxoselles saber que no experimento necesitábanse tres persoas:
  • Experimentador que é o investigador.
  • Mestre que é un voluntario que realizará as preguntas e será o encargado de administrar descargas eléctricas, as cales nunca provocarían danos irreversibles a pesar de que chegaban ata os 450V. O mestre tiña a opción de plantarse cando tras catro exhortacións se negaba a continuar.
  • Alumno, o cal e é un actor, cómplice do investigador, encargado de memorizar unha lista de palabras e que simulará dolor cando se lle subministren as descargas como castigo por fallar unha pregunta.
Para elixir quen ía ocupar cada posto facíase un sorteo que estaba trucado, así dábaselle máis verosimilitude ao experimento. Outra maneira de aportarlle verosimilitude era dándolle unha descarga de 45 V ao alumno ao comezar o programa.
Resultado de imagen de experimento de milgram

Existen experimentos similares?
Un experimento similar ao citado, foi “A terceira ola”. Neste experimento amósase como un profesor de historia estadounidense, Ron Jones,  converteu unha clase nun réxime fascista despois de que un dos alumnos, Steve Conigio lle pregúntase: “¿Cómo pudo el pueblo alemán, los ciudadanos de a pié, alegar ignorancia sobre lo que estaba pasando con los judíos?”. Ante esta interrogación, o profesor non soubo que responder e comezou con este experimento para demostrar como unha sociedade libre podía transformarse en fascista. O experimento tivo unha duración de cinco días:
  • O primeiro día intentou convencer aos alumnos acerca da beleza e da grandeza da disciplina. Ordeoulles asumir una postura corporal ríxida e corrixía severamente calquera fallo. Ademais tamén lles esixiu que se tiñan que dirixir a él como “ señor” e que debían dar un paso cara o costado para poder falar en clase. Así comezou a impoñer o seu autoritarismo.
  • O segundo día indicoulles que a forza a través da comunidade era moi importante así pretendía crear un pensamento colectivo que el dirixía. Tamén lles aprendeu un saúdo, crearon unha bandeira  e, quen non cooperase con isto, sería expulsado da clase.
  • O terceiro día uníronse máis alumnos a denominada “Terceira ola”.
  • O cuarto día houbo alumnos que se manifestaron en contra da Terceira ola e os integrantes desta “comunidade” levaron a cabo represalias contra estes.
  • O último día do experimento, Jones prendeu un televisor para que todos coñeceran ao líder. A imaxe permaneceu en branco e pouco a pouco comezou a chegar a angustia e o silencio. Foi entón cando Jones dixo o seguinte: “Escuchad con atención, tengo algo importante que deciros. No hay ningún líder. No hay ningún movimiento nacional llamado la Tercera Ola. Habéis sido usados, manipulados, no sois mejores que los nazis alemanes que habéis estudiado.
Unha clase dividida
Este experimento foi realizado pola profesora Jane Elliot en 1968 a raíz da morte de Martin Luther King . O experimento consistía en que na clase de terceiro de primaria había dous grupos un formado polos nenos que tiñan os ollos azuis e outro polos que os tiñan marróns.  O primeiro día do experimento os nenos de ollos azuis eran superiores aos nenos de ollos marróns e podían ir ao recreo e repetir comida. Ao día seguinte, foi ao revés, os nenos de ollos marróns tiñan privilexios sobre aos de ollos azuis. Este experimento pretende demostrar principalmente que non existen diferenzas entre as persoas e así erradicar o racismo. Malia isto podemos encontrarlle algunha relación con un experimento sobre a obediencia e a autoridade xa que, uns nenos discrimínanse a outros porque o di a profesora, non hai probas que o demostren polo tanto, hai unha obediencia á autoridade.
Resultado de imagen de una clase dividida

Experimento da cárcere de Stanford

Este experimento foi realizado polo profesor de psicoloxía Philip Zimbardo en 1971 quen reuniu no soto da facultade de Psicoloxía de la Universidade de Stanford a un grupo de xoves universitarios de clase media e de pel branca que se fixeron pasar por presos. O estudio arrancou con recursos procedentes do exército estadounidense, que quería entender as causas dos conflitos nas súas prisións. Co experimento pretendíase avaliar como pode influír no noso comportamento adoptar un rol determinado. Todos os candidatos se seleccionaron seguindo o criterio de equilibrio mental e boa saúde psicolóxica.  
Durante os días do experimento cometéronse moitas atrocidades. Pasados seis días tívose que cancelar o experimento porque algúns pais dos voluntarios reclamaron a suspensión do experimento e a liberación dos seus fillos.

Bibliografía segundo o manual Chicago:


Africultures. “Christophe Nick”. Consultado 4 marzo 2016.


Asociación por la tolerancia. “IV Ciclo de Cine para la Tolerancia”. Consultado 4 de marzo de 2016. http://www.tolerancia.org/asp/index2.asp?area=area9&p=5&t=2
Babelio. “Dominique Oberlé”. Consultado 4 marzo 2016. http://www.babelio.com/auteur/Dominique-Oberle/59425


Buscar biografías. “Stanley Milgram”. Consultado 1 marzo 2016.


Celsa. “Yves Jeanneret”. Consultado 2 marzo 2016. http://www.celsa.fr/pub/recherche/popup/popup-YvesJeanneret.php


Channel 4. “Derren Brown plays russian roulette live”. Objective Productions, en All3Media company/Channel 4/ Screenocean-Derren Brown. Consultado 14 marzo 2016. http://www.channel4.com/programmes/derren-brown-the-specials
Cine y educación. “La ola. La manipulación en las aulas y sus consecuencias”. Consultado 3 de marzo de 2016.http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/temaslaola.htm
Documentary.es. “Una clase dividida documental castellano”. Consultado 4 de marzo de 2016. http://documentary.es/1407-una-clase-dividida-documental-castellano
Explorable. “El experimento de Milgram: la obediencia a la autoridad”. Consultado 1 de marzo de 2016. https://explorable.com/es/el-experimento-de-milgram
IMDB. “Anatomy for beginners”. Firefly/Channel 4/ Screenocean. Consultado 14 marzo 2016. http://www.imdb.com/title/tt0862558/
IMDB. “Thomas Bornot”. Consultado 2 marzo 2016.


IMDB. “Gilles Amado”. Consultado 4 marzo 2016.


IMDB. “Alain-Michael Blanc”. Consultado 2 marzo 2016.


IMDB. “Eloide Maillard”. Consultado 1 marzo 2016. http://m.imdb.com/name/nm2946865/?ref_=m_nmfm_nm


IMDB. “Christien Loiseau”. Consultado 1 marzo 2016.


El Impactante Experimento con Niños ''la Tercera ola'' - El origen de una Dictadura fascista. Vídeo. Hypnos Morfeo. 2015. https://www.youtube.com/watch?v=JJyQ0mlDxu8

Global.britannica. “Tiananmen Square inciden”. Consultado 14 marzo 2016.http://global.britannica.com/event/Tiananmen-Square-incident

Irsic. “Presentación, el título y el trabajo - Didier Coubert”. Consultado 4 marzo 2016. http://irsic.univ-amu.fr/didier-courbet

Lacort, Javier. “La historia del experimento de Stanford, el estudio psicológico que acabó en horror”,Hipertextual, 30 marzo 2015. Consultado 8 marzo 2016. http://hipertextual.com/2015/03/experimento-de-stanford

Lacort, Javier. “El experimento de Milgram: ¿hasta dónde hubieses llegado tú?”, Hipertextual, 7 abril 2015. Consultado 1 marzo 2016. http://hipertextual.com/2015/04/experimento-de-milgram
Le jeu de la morte. Documental. Dirixido por Thomas Bornot, Gilles Amado e Alain-Michel Blanc. Francia; YAMI 2, 2010. https://www.youtube.com/watch?v=64cuhc3vx5A


MyEtymology. “Beauvois Jean-Leon”. Consultado 1 marzo 2016.


Psicología y mente. “El Experimento de Milgram: el peligro de la obediencia a la autoridad”. Consultado 1 de marzo de 2016. https://psicologiaymente.net/social/experimento-milgram-crimenes-obediencia-autoridad#
Reicher Stephen, David y  Haslam S, Alexander. 2014. “Los controvertidos ensayos de Milgram”. Investigación y ciencia, nº 66. Consultado 1 marzo 2016. http://www.investigacionyciencia.es/revistas/mente-y-cerebro/numero/66/los-controvertidos-ensayos-de-milgram-12056
Sánchez, Edith. “La tercera ola, un experimento sobrecogedor”, La mente es maravillosa. Consultado 1 marzo 2016.  https://lamenteesmaravillosa.com/la-tercera-ola-un-experimento-sobrecogedor/
Savin, Xavi. “El experimento de la cárcel de Stanford”,El Hunffington Post, 1 de octubre de 2015. Consultado 8 marzo 2016. http://www.huffingtonpost.es/xavi-savin/el-experimento-de-la-carc_b_8213434.html
Wikipedia. “Gilles Amado”. Consultado 4 marzo 2016.


Youtube. “Anatomy for beginners: Lesson 1- Movement”. Consultado 14 marzo 2016.


Youtube. “1989 Raw Video: Man vs. Chinese tank Tiananmen square”. Consultado 14 marzo 2016.


5 comentarios:

  1. Bibliografía:
    Africultures. Christophe Nick. Biografie…
    Non entendo o do ciclo tolerancia
    Babelio. Oberlé. Biographie et informations
    Equipo de buscabiografias.com. Título. Busca Biografias, diciembre 1999.
    Université Paris-Sorbonne
    Channel 4, non entendo a referencia
    Martínez-Salanova Sánchez, Enrique. Título. Cine y educación…
    IMDB, unha vez ou senón non fai falta.
    Nos vídeos, hai que buscar a autoría que está no propio vídeo ou hai que indagar quen está detrás dos vídeos.
    Explorable.com. Título… 6 febrero 2008…
    Non entendo referencia a Tiannamen?
    Entre título e sitio vai un punto.
    IRSIC… Institute de Recherche…
    Psicología y mente, hai autoría Vázquez cigarroa

    ResponderEliminar
  2. Ben o de acompañar o texto con imaxes, que hai que poñer a fonte.
    Na bibliografía hai algúns erros.

    ResponderEliminar
  3. Penso que deixei comentarios xa. É que non os vexo.
    Está bastante completa a información.

    ResponderEliminar
  4. O blog tamén ten traballo. Bastante información.

    ResponderEliminar
  5. Mapa conceptual: non é doado de visualizar porque os textos aparecen demasiado pequenos. Por outra parte necesitaría en cada bocadillo algo máis de información.

    ResponderEliminar