martes, 15 de marzo de 2016

El JUEGO DE LA MUERTE

Resultado de imagen de el juego de la muerte
A intención do documental “El juego de la muerte” é amosar como as persoas, ante unha autoridade crible, na cal confiamos, actúan en contra dos seus propios valores seguindo as ordes do seu “superior”. A maior parte dos participantes do concurso chegan ao final sen saber que todo é parte dun experimento, crendo que poden estar facéndolle dano a unha persoa.
O participante atópase nun plató de televisión, quere saír ben diante das cámaras e causar boa impresión. Xa unha vez comeza o suposto programa pensa que proporciona cada vez descargas eléctricas máis e máis fortes a outra persoa que non coñece. Os participantes escoitan o sufrimento, os gritos dunha persoa que non coñecen. Moitas veces ao escoitar os gritos de sufrimento queren abandonar e dinlle á presentadora que queren deixar de participar. Esta intenta convencer ó concursante con frases coma “que non te impresione, continúa” ou “nós nos facemos responsables do que lles pase a el”. Algúns rebélanse en contra da autoridade, pero poucos son os que se levantan e acaban co programa.
As persoas somos educadas para seguir as normas dos que están por riba de nós. Cando somos pequenos a maioría de nós temos dous referentes paternos que nos impoñen normas. Ao transgredilas recibiremos un castigo, posto que o que nos din os nosos superiores debe ser o que acatemos si ou si. Segundo imos crecendo, imos ao colexio, instituto, etc., e estamos ante a mesma situación: por encima de nós temos a uns profesores que impoñen regras e débense cumprir. Segundo crecemos e nos facemos maiores esta capacidade de submisión aumenta, posto que non imos querer ir en contra do noso xefe e acabar sen emprego.
Acostumámonos a seguir o que nos din e a non cuestionar nada, perdendo a nosa actitude crítica ante o que se presenta diante de nós. Por que algo que nos diga alguén que está “por encima de nós” ten que ser o correcto? Por que esa persoa non se pode equivocar?
A influencia da televisión en nós é terrible e enorme. Como se di no documental, é a segunda actividade na que gastan máis tempo durante o día. Ao pasar tanto tempo diante desta a tomamos coma unha autoridade, chégase a mentalidade de que o que aporta esta é unha información veraz e obxectiva. A xente non recorre a outras fontes, para crear unha actitude crítica ante a información, prefiren sentarse no seu sofá a esperar que unha caixa solte as respostas a todas as nosas preguntas. Séguense modelos plasmados na televisión, pénsase que o que vemos é o bo, que discutir e ver como fan concursantes de programas coma Gran Hermano é o máis idóneo para nós.
E SOBRE AS FONTES DOCUMENTAIS?


En canto á realización do programa, a continuación preséntasenos unha lista sobre os seus integrantes:
Alain-Michael Blanc: Alain-Michel Blanc é un axudante de dirección e director, coñecido por El concierto (2009), Vete y vive (2005) y El juego de la muerte (2010).








Christine Loiseau: Documentalista e procuradoramde información francesa. Traballou en catro producións, que son: Hitlers Museum (Documental, 2006), La résistance (TV mini-Documental, 2008), I have understood you: De Gaulle 1958-1962 (TV Movie, 2010), El juego de la muerte (Documental, 2010).


Christophe Nick: Nado o 15 de novembro de 1958 en Francia. Christophe Nick é un xornalista, investigador, ensaísta e director de documentais de televisión. Comeza na revista Rock & Folk e Actuel. En 1997 publicou  o poder TF1. Tamén é o autor de Crónicas, serie documental da violencia común e resistencia. No 2006, fundou Yami2 
Productions (París), productora independiente de documentais.
En El juego de la muerte é o produtor e o encargado de enunciar as regras aos candidatos seleccionados. Explícalles que é un programa de proba e que van a participar sen gañar nada. Un será o candidato e o outro o asistente da presentadora, o examinador. Farán un sorteo falso dos papeis que levarán a cabo cada un. Detalladamente di que o candidato permanecerá aislado nunha especie de cabina para memorizar unha listaxe de 27 asociacións de palabras. Mientres o candidato está aislado, o examinador estará detrás dunha mesa e accionará unha palanca que administrará o castigo. Non terán ningún tipo de contacto visual e so se escoitará ao candidato cando sexa o seu turno de resposta. Á primera resposta errónea administrarase o castigo, que consiste nunha descarga eléctrica administrada polo examinador. Cantos máis erros se cometan máis forte será ese castigo, aumentando de 20 en 20 voltios.


Didier Courbet: É profesor da universidade na ensinanza da Facultad de Mediciña e na Escola de Xornalismo e Comunicación. É Doctor en Ciencias da Información e Comunicación e sigueu unha dobre formación en Psicoloxía Experimental e en comunicación, tanto teórica como profesial.
Especializouse no estudo das interaccións entre os seres humanos e a tecnoloxía da información e comunicación. É membro do equipo de científicos liderado por Jean-Lèon Beauvois.
En El Juego de la muerte explica como van xogar os concursantes cando entran en el plató e os múltiples factores que deben xestionar. Entre eles a imaxe de sí mesmos, posto que será a primeira vez que salan en televisión. Enfróntanse a un sistema enorme: cámaras, focos, técnicos, espectadores, todo o que conleva a emisión dun concurso. Nos explica que o nerviosismo  levaráos a rirse.


Dominique Oberlé: Dominique Oberlé é de nacionalidade francesa. Traballa como profesora emérita de Psicoloxía Social de Paris Ouest Nanterre Defensa e é membro do Laboratorio de París en Psicoloxía Social. Actualmente está traballando na validación dos coñecementos producidos polo grupo. Ten numerosos libros sobre psicoloxía social, entre os que podemos salientar La dinámica de grupo ou El grupo de la psicología social.
Paralelo ó seu traballo como profesora-investigadora, actuou como formadora e consultora en moitas organizacións e empresas.
En El juego de la muerte explícanos como desenvolve o concepto de “estado axéntico”, que é un estado que se corresponde cunha situación na que alguén se considera unha persoa autónoma, con capacidade de decisión. Se esa persoa se ve noutra situación, veráse coma un axente, de aí o nome deste concepto. Se se lle pide algo, a pesar de estar en contra dos seus valores, faranno, posto que entrarán nunn estado de obligación ao servicio da autoridade. En consecuencia, o seu pensamento se obtura e se comportará segundo o que a autoridade espera.
Tamén explica que o feito de atoparse atrapados nun sistema moral e nun sistema legal que nos pueden parecer incompatibles, pode provocarnos unha gran tensión.
O feito de que os concursantes tornen cara a presentadora para facerlle ver que o xogo debe parar. Póñense en situación de subordinación e fan o que ela lles pide a pesar de que non estén de acordo. Fan que a responsabilidade recaiga na presentadora.


Elodie Maillard: É unha infografista francesa. Apenas atopamos información dela na web, pero sabemos que colaborou no documental La résistance como artista dixital e en El juego de la muerte como infografista.


Gilles Amado: É un director de televisión francés, nado o 19 de xuño de 1949 en París.Paralelamente á súa carreira como director, Gilles Amado foi produtor de televisión e director de documentais.
Gilles Amado escribeu e dirixiu un documental sobre o deseñador Raymond Loewy. Tamén é membro da SACEM, baixo un director.
Na década de 1970, antes de convertirse nun director, foi durante moito tempo editor e redactor xefe.

Foi neste tempo no que colabora co xornalista Michel e Jacques Parbot Ertaud.


Jean-Léon Beauvois: Jean-León desenvolveu as súas investigacións no ámbito da psicoloxía clínica (universidades de París e Nancy) e da psicoloxía social experimental (Nancy, Cataratas, Grenoble, Niza). Na universidade ocupou posicións educativas e de dirección dos diferentes grupos de investigación (UER "Connaissance de l'Homme" en Nancy, UFR "Ciencias de l 'Homme et de la Société" en Grenoble, Departamento de Psicología de Niza) .
Na actualidade disfruta do seu retiro para extender a súa analise nas ciencias sociais e ó analise político, algo que é evidente no seu último libro. Beauvois presidiu asociacións profesionais importantes (ARIP: Asociación para Investigación e Psicoloxía de Intervención; ADRIPS: Asociación para la Difusión de la Investigación Internacional en Psicoloxía Social) e dirixiu durante varios anos a Revista Internacional de Psicoloxía Social. Tamén creou e dirixiu a recolección social "al bies" de edicións de prensas universitarias de Grenoble.
No documental El juego de la muerte explica que é o que leva ós concursantes a obedecer o que eles consideran como unha autoridade (a televisión) e chegar ata o final dun xogo que consiste en facer dano a outra persoa. Presenta a unha persoa a que lle dan unhas regras, e  onde a persoa se atopa só cos seus propios valores e con valores que acaba de descubrir. Iso é o que os leva a firmar o contrato. Ó estar sos ante unha autoridade comportanse obedientemente. Explica que as persoas se convirten en executores obedientes e que cada vez que pulsan unha palanca esa obediencia vai crecendo o que Milgram chama “Estado axéntico”. Explica porque as persoas ó ser obligadas a seguir son capaces de olvidar os seus propios valores e seguen xogando. Aínda cando seguen intentan facer trampa resaltando a acentuación nas palabras acertadas, iso demostra que se cren o xogo, polo que son conscientes do dano que poden estar facendo. A autoridade da presentadora dicíndolles que é seu turno e que as responsabilidades do que pase serán do programa, fan que a persona siga xogando.


Stanley Milgram: Famoso psicólogo graduado na Universidade de Yale. Foi coñecido polo experimento que fixo sobre a obediencia a la autoridade na que demostrou que toda persoa é capaz  de cometer as piores atrocidades se a autoridade que llo ordea é lexítima.












Thomas Bornot: É un director e productor, coñecido polo  documental El juego de la muerte (2010), Love me Yesca (2014) e Vous êtes Libre (2012).


Yves Jeanneret: Naceu no 1051, é profesor universitario en ciencias da información e comunicación.
Despois de graduarse na Escola Normal Superior (1972), Yves pasou agraciónos clásicos e a un doutorado en literatura e civilizacion francesa adicada a obre de Romain Rolland (Universidade de París III, 1982). Se clasificou pra dirixir a investicación na Universidade de París VII en 1996.
Yves comezou a súa carreira na universidade e na escola secundaria coma profesor de literatura. Convertiuse en profesor da Escola Nacional de Telecomunicacións, onde creou y dirixiu o departamente de “formación humana”. Despois de ensinar  na Univesidade de Lille III “Charles de Gaulle”, dirixiu o grupo de investicación Celsa (GRIPIC) 2002 a 2005. Subdirector da UMR Lalić  (París-Sorbona - CNRS), entón asume a responsabilidade da mención de Mestre “Estratexia de denenrolo cultural” da Universidade de Aviñón, Voltou en 2010 a Celsa pra participar no desenrolo educativo e científico  no contexto da cadeira creado recentemente.

1 comentario:

  1. Mellor documentado e mellor coa incorporación de imaxes.
    Título: o do documental
    Non hai unha explicación concreta do que sucede. De que vai o concurso, dos participantes, de cómo se xoga, das descargas, do aumento con cada erro. Non se vislumbra a posta en escea do programa.
    E sobre as fontes documentais: sen alfabetizar. Faltan: Vaidis, Tonelli, Intertaglia, Codou e imaxes de arquivo.

    ResponderEliminar