viernes, 29 de abril de 2016

Unha axenda con 20 páxinas web

1.
Nome/ Marca: Film Posters.
Autoría: John Hazelton.
Descrición: É unha base de datos de pósters de cine dende os anos 20 á actualidad. En total posee más de 10 mil pósters.
Idioma: Inglés.

URL: http://www.filmposters.com/

2.
Nome/ Marca: Sight and sound.
Autoría: BFI Film Forever.
Descrición: É unha revista internacional. Dedícase a publicar noticias e curiosidades sobre cine e, en xeral, o mundo audiovisual.
Idioma: Inglés.


URL: http://www.bfi.org.uk/news-opinion/sight-sound-magazine

3.
Nome/ Marca: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Organización: ICAA (Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuales).
Descrición: Estas páxinas explican os procedementos administrativos, ofrecen información acerca dos servizos que presta e mostran a actualidade cinematográfica.
Idioma: Español.
URL: http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/cine/el-icaa/organizacion.html

4.
Nome/ Marca: Corbis images.
Autoría: Corbis Corporation.
Descrición: É unha páxina que contén imaxes de arte, cine, noticias, documentais, historia, etc.
Idioma: Español.
URL: http://www.corbisimages.com/

5.
Nome/ Marca: FilmAffinity.
Autoría: MovieAffinity.
Descripción: Páxina de cine, onde ofrece información sobre cine, estreos, premios e recomendacións personalizadas de produtos audiovisuais.
Idioma: Español.
URL: http://www.filmaffinity.com/es/main.html

6.
Nome/ Marca: Cinemanía.
Autoría: Cinemanía.
Descrición: Web sobre noticias de cine, series, etc...
Idioma: Español.
URL: http://www.cinemania.es/

7.
Nome/ Marca: Fotogramas.
Autoría: Fotogramas.
Descrición: Páxina de cine, curiosidades, novedades, etc..
Idioma: Español.
URL: http://www.fotogramas.es/

8.
Nome/ Marca: Cada día un fotógrafo.
Autoría: Luis Martínez Anesia.
Descrición: Cada día publícase unha reseña dun fotógrafo, cunha fotografía e con referencias onde podemos obter máis información sobre a súa biografía ou obra.
Idioma: Español
URL: http://www.cadadiaunfotografo.com/


9.
Nome/ Marca: Sensacine.
Organización: Grupo AlloCiné.
Descrición: Network internacional sobre cine.
Idioma: Español.
URL: http://www.sensacine.com/

10.
Nome/ Marca: Resumo executivo anuario SGAE.
Organización: Fundación SGAE.
Descrición: Resumo executivo anual de datos relacionados coas artes escénicas, música clásica, música popular, música grabada, cine, vídeo, televisión, radio e novas tecnoloxías.
Idioma: Español
URL: http://www.anuariossgae.com/home.html

11.
Nome/ Marca: INE (Instituto Nacional de Estadística)
Organización: INE (Instituto Nacional de Estadística)
Descrición: Organismo que recopila datos estadísticos sobre distintas materias coma a cinematografía.
Idioma: Español e inglés.
URL: http://www.ine.es/welcome.shtml


12.
Nome/ Marca: Videomaker.
Autoría: Videomaker Inc. (iniciativa de Matt York)
Descrición: Plataforma que ofrece diversos recursos como revistas ou vídeos tutoriais para a produción ou postprodución de vídeos para aficionados e profesionais.
Idioma: Inglés.
URL: http://www.videomaker.com/

13.
Nome/ Marca: RTVE
Organización: Corporación de Radio y Televisión Española.
Descrición: Na web deste canal de televisión emítese unha vez á semana un programa chamado Días de cine (que colgan na súa web) no que se tratan aspectos do cine de autor e do cine comercial.
Idioma: Español.
URL: http://www.rtve.es/

14.
Nome/ Marca: El publicista.
Autoría: El publicista.
Descrición: Neste xornal aparecen diferentes noticias, reportaxes, entrevistas e artigos relacionados co ámbito da publicidade.
Idioma: Español.
URL: http://www.elpublicista.es/

15.
Nome/ Marca: Shooting in Spain.
Organización: Spain Film Commission
Descrición: É unha páxina na que se pode ver que gravar en España e facilita información sobre os requisitos que se precisan para realizar unha rodaxe en territorio español.
Idioma: Español.
URL: http://www.shootinginspain.info/index.php/es/

16.
Nome/ Marca: Director de fotografía.
Autoría: Director de fotografía.
Descrición: Páxina sobre cine especializada no cine e nos avances da industria audiovisual.
Idioma: Español.
URL: http://www.directordefotografia.com/

17.
Nome/ Marca: El Parnasillo.
Autoría: Oscar Bartolomé.
Descrición: É unha páxina web cultural especializada en cine e na análise de series de televisión, películas ou ensaios cinematográficos.
Idioma: Español.

18.
Nome/ Marca: El país.
Autoría: Editorial de El País.
Descrición: Este xornal conta cunha sección na que se fan críticas sobre cine.
Idioma: Español.

19.
Nome/ Marca: La rec.
Autoría: La rec.
Descrición: É unha plataforma dixital que ofrece ao mundo audiovisual un soporte gratuíto para productores, directores, guionistas, editores, actores, camarógrafos, iluminadores e técnicos en xeral, cunha producción propia e exclusiva.
Idioma: Español.

20.
Nome/ Marca: eCartelera.
Autoría: Noxvo.
Descrición: É unha páxina web na que se publican os estreos, críticas, curiosidades e demais información cinematográfica. Ademais, podemos ver as carteleiras de todas as salas de cine españolas.
Idioma: Español.

domingo, 10 de abril de 2016

Ejercicio: trabajando con fotografías.







Ficha


Aspecto formal:


Autor: Chris Killip
Nacionalidade: Británico.(Isle of Man,Douglas)
Procedencia imaxe: In flagrante
Xénero: Reportaje.
Movemento, corrente estilística: Foto Documental
Data de creación: 1985
Título: Punks dancing
Dimensións: 30x34 cm. Gelatina de plata
Cor ou branco e negro: B/N
Data de publicación: 1988
Lugar de realización: Gateshead
Orixinal ou copia: Original
Asunto ou asuntos: Cultura punk
Plano/escala da imaxe: Plano medio
Natural ou espontánea / pose ou preparación: Natural


Análise de contido:


Contexto:In flagrante describe as comunidades do norte de Inglaterra que foron devastadas pola desindustrialización común das políticas levadas a cabo por Thatcher e os seus predecesores a partir da década do 1970 .
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera:  Retrato grupal cun punto de interés nun personaxe.
Resumo ou descrición do contido:  Retrata a xuventude punk de inglaterra.
Descritores onomásticos: punk, xuventude,retrato,bailando.
Descritores xeográficos: Gateshead, nordeste de Inglaterra.
Descritores temáticos: Rapaces punk bailando nun concerto.


Reflexión do equipo sobre a imaxe:
Natural,cruda,dura,directa.


Biografía Chris Killip


Naceu en Douglas, Isla de Man en 1946, deixou a escola os 16 anos e se uniu o uniu a un hotel  como aprendiz de xerente.
En xuño de 1964 decide dedicarse a fotografía a tempo completo e se convertiu nun fotografo de praia co fin de gañar diñeiro pra sair de Isla de Man.En outubro de 1964 foi contratado como asistente de fotografia de Adrian Flowers en Londres. Logo traballou coma asistente freelance de varios fotografos en londres ata o 1966.
En 1969, despois de ver asua primeira exposicion no MoMa, decidiu volver a fotografiara Isla de Man.Nunha visita a EE.UU en 1971, Lee Witkin o dono da galeria de New York, encargou unha carteira de edicion limitada do traballo na Isla the man.
En 1972 recibiu un encargo del Arts Council de Gran Bretaña para fotografar Huddersfield y Bury St. Edmunds para a exposición Dos Vistas - dos ciudades. En 1975, trasladase a vivir en Newcastle cunha beca de dous anos como membro de Fotografía de Artes do Norte. Foi membro, comisario de exposicions fundador e asesor da Galería da zona, Newcastle-upon-Tyne, así coma seu director, dende 1977-9. Seguiu vivindo en Newcastle e fotografiado en todo o noreste de Inglaterra, e dende 1980-85 fixo retratos ocasionais da cuberta para o London Review of Books. En 1989 foi comisionado polo Pirelli Reino Unido para fotografar as forzas de traballo na fabrica de neumaticos en Burton-on-Trent.
En 1989 recibiu o Premio Henri Cartier Bresson e en 1991 foi invitado a ser profesor visitante no Departamento de Estudios Visuais e Ambientais da Universidade de Harvard. En 1994 foi nombrado profesor titular e foi xefe de departamento a partires de 1994-98. Segue vivindo en EE.UU., dando clases na Universidade de Harvard.


Publicaciones:


Libros por:


Isle of Man (Zwemmer, 1980)
In Flagrante (Secker & Warburg,1988)
Pirelli Work (Steidl, 2006)
Here Comes Everybody (Thames & Hudson, 2009)
Seacoal (Steidl, 2011)
Arbeit / Work (Steidl / Museum Folkwang, 2012)


Libros sobre:


55 (Phaidon Press, 2001)




FICHA.



Aspecto formal:


Autor: Manuel Ferrol
Nacionalidade: Español
Procedencia imaxe: Serie “Emigración”
Xénero: Reportaxe social
Movemento, corrente estilística: Fotografía documental
Data de creación: 1956
Título: “Despedida de emigrantes”
Dimensións: 532x520
Cor ou branco e negro: B/N
Data de publicación: 1957
Lugar de realización: A Coruña
Orixinal ou copia: Orixinal
Asunto ou asuntos: Emigración
Plano/escala da imaxe: Plano medio
Natural ou espontánea/ pose ou preparación: Natural


Análise de contido:


Contexto: En 1957 realizou unha reportaxe sobre a emigración cos únicos recursos da sua intuición e o seu talento
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera:  Retrato de pai e fillo
Resumo ou descrición do contido: Retrata a emigración dende A Coruña
Descritores onomásticos: emigración, Galicia
Descritores xeográficos: Puerto de A Coruña
Descritores temáticos: Pai e fillo abranzandose


Reflexión do equipo sobre a imaxe:
Triste,dramática,realista,impactante e desgarradora.


Biografía
Nace en Cabo Vilán(1923 - 28 de febrero de 2003) foi un fotógrafo español que realizou a súa actividad profesional en Galicia.
Cando ten 25 anos decidiu mudarse A Coruña par estudar na Escola Náutica, carreira que abandona ao descubrir a sea paixón pola fotografía. Abre o seu primeiro estudo de fotografía en Betanzos, adicandose nun primeiro momento a facer retratos de rapaces a domicilio, despois trasladase a Ferrol, conseguindo mais traballos importantes. No 1955 volta A Coruña e apartires dise momento empeza a traballar en diversos medios como “La Gaceta ilustrada” e incluso  forma parte do equipo técnico dalgunha película. En Novembro do 1957 encarganlle documentar o embarque dos emigrantes galegos na estación marítima de A Coruña, da que sae a sua famosa serie Emigración. Ista é a sua fotografía mais famosa xa que retrata a un pai abrazando o seu fillo, chorando menores se despide da sua muller e os seus irmans que marchan, ista imaxe convirtese nun icono da emigración. En 1958 vai estudar fotografía na Hamburguer Photo Schule, e o ano seguinte será nomeado corresponsal da TVE. Creo no ano 64 unha casara espía pra unha empresa de moda téxtil, para si poder acudir os desfiles cunha câmara camuflada nun libro. En 1965 consegue un posto no NO-DO coma reporteiro da vida social da época, cousa que fixo que retratase o ámbito mais cercano a vida de Franco en Galicia. É o único fotógrafo galego que aparece na Historia da fotografía de Beaumont Newhall.



Ficha


Aspecto formal:
besando.jpg


Autor: Robert Doisneau
Nacionalidade: Francesa
Procedencia imaxe: Revista estadounidense Life
Xénero: Realista
Movemento, corrente estilística: Humanista
Data de creación: 1950
Título: Le baiser de l'hôtel de ville (El Beso del Ayuntamiento)
Dimensións: 6 x 6 cm
Cor ou branco e negro: Branco e negro
Data de publicación: 1950
Lugar de realización: Concello de París
Orixinal ou copia: Orixinal
Asunto ou asuntos: Bico na rúa de París
Plano/escala da imaxe: Plano xeral
Natural ou espontánea / pose ou preparación: Preparación


Análise de contido:


Contexto: Con esta fotografía que forma parte da reportaxe sobre os amantes de París preténdese amosar o amor en París logo da Segunda Guerra Mundial para demostrar así como esta cidade seguía sendo a patria do optimismo e do amor.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato
Resumo ou descrición do contido: Amósase unha parella que se bica no en fronte ao Concello de París. Os viandantes ignoran a situación que ocorre na rúa e os amantes parecen non inmutarse polo ir e vir de xente que apreciamos na fotografía. Isto débese a que son dous actores que posaron para que o fotógrafo puidese captar este bico.
Descritores onomásticos: Francoise Bornet, Jacques Carteaud
Descritores xeográficos: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe: París, Francia.
Descritores temáticos: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Bico, amor, muller, home, parella, rúa, concello.


Reflexión do equipo sobre a imaxe: Cremos que a esta foto se lle nota moito que está planeada polo mero feito de que resulta complicado darse un bico na posición na que están.


Biografía Robert Doisneau


Robert Doisneau é un fotógrafo francés que naceu o 14 de abril de 1912 en Gentilly (París, Francia) e morreu o 1 de abril de 1994 en Montrouge tamén ubicada en Francia.
Cursou os estudos de artes gráficas e gravado na Escola Estienne de París entre os anos 1926 e 1929. Durante a súa vida dedicouse á fotografía industrial e comercial, traballou como fotógrafo publicitario e industrial para a compañía Renault, como reporteiro gráfico para a axencia parisina Rapho, como asesor para a Expo 67 de Canadá, exposición que tivo lugar en 1967 para conmemorar os 50 anos da Unión Soviética e durante a guerra traballou como falsificador para a Resistencia Francesa. A súa obra publicouse en diversas revistas entre as que cabe destacar Life, Vogue, París Match. Ademais tamén moitas exposición nos museos de Europa, América e Estados Unidos acolleron a súa produción.
A súa fotografía caracterízase por ser realista e mostrar o cotiá e por presentar un xénero poético e humano.
Pola súa produción fotográfica recibiu numerosos premios como o premio Kodak (1947), o premio Niepce (1956 e 1957) e o Gran Premio Nacional de Fotografía de Francia (1983).


FICHA


Aspecto formal:


Autor: Man Ray (Emmanuel Radnitzky)
Nacionalidade: Americana
Procedencia imaxe: Revista Littérature
Xénero: Vangardista
Movemento, corrente estilística: Surrealismo
Data de creación: 1924
Título: Le Violon d'Ingres (El violín de Ingres)
Dimensións: 31 x 24,7 cm.
Cor ou branco e negro: Branco e negro
Data de publicación: 1924
Lugar de realización: París, Francia
Orixinal ou copia: Orixinal
Asunto ou asuntos: Muller retratada coma se fose un violín
Plano/escala da imaxe: Plano medio largo
Natural ou espontánea / pose ou preparación: Preparación


Análise de contido:


Contexto: O fotógrafo pretende tributar a excepcionalidade de Jean Auguste Dominique Ingres e resaltar a beleza do corpo humano feminino mediante a identificación deste cun instrumento musical.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato
Resumo ou descrición do contido: Amósase a figura dunha muller que está núa, soamente leva un turbante na cabeza. No costado ten dúas aberturas que son características dos violíns o que nos permite identificar o corpo da muller como o corpo sonoro dun instrumento.
Descritores onomásticos: Kiki de Montparnasse (Alice Prin)
Descritores xeográficos: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe: París, Francia
Descritores temáticos: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Muller, música, corpo, violín, turbante


Reflexión do equipo sobre a imaxe:
Esta foto parécenos moi sutil pero sobre todo moi orixinal.


Biografía de Man Ray


Emmanuel Radnitsky máis coñecido como Man Ray é un pinto e fotógrafo estadounidense. Naceu o 27 de agosto de 1890 en Pennylvania (Filadelfia) no seno dunha familia de inmigrantes rusos. Faleceu o 18 de novembro de 1976 en París (Francia).
Cursou estudos se deseño industrial e de arquitectura na Academia Nacional de Deseño de Nova York.
Dedicouse a actividades pictóricas, escultóricas e fotográficas. Son célebres os seus ready-mades e os seus rayogramas (imaxes abstractas realizadas mediante a colocación de obxectos sobre superficies sensibles á luz). Creou o grupo Dadá de Nova York xunto con Marcel Duchamp. Traballou como cineasta en películas como Retorno a la razón (1923) y Emak Bakia (1926). Desde 1940 ata 1946 traballou como profesor de fotografía en California (Estados Unidos). Tamén foi escritor xa que, publicou a súa autobiografía, Autorretrato (1963) e o seu famoso opúsculo titulado La fotografía no es un arte. Presentou as súas fotografías en numerosas exposicións entre as que destacan as realizadas en Alemaña, Los Ángeles, Santa Bárbara, Pasadena, Nova York, Londres (1996) e en París onde fixo a súa primeira exposición no Salón de Independentes da Fotografía en 1927. Nesta mesma cidade fixo dúas exposicións máis unha en 1962 na Biblioteca Nacional e outra en 1982 no Centro Georges Pompidou. Ademais tamén presentou os seus traballos fotográficos en revistas como por exemplo, Littérature.
O estilo que presentan as súas fotografías é irreal e fantasmagórico e o seu xénero principal é o vangardista (surrealismo e dadaísmo).
Debemos ter en conta que Man Ray foi un fotógrafo de estudo xa que, pretendía manipular as súas fotografías. Man Ray é un dos fotógrafos máis importantes porque a súa obra non só supuxo un avance na consideración da fotografía como medio artístico autónomo senón que tamén influíu no uso comercial e mediático da imaxe. Debido ao seu excelente traballo recibiu numerosas condecoracións como a que a Bienal de Venecia en 1961.


Ficha


PeterLindbergOrixinal.jpgAspecto formal:


Autor: Peter Lindbergh ( nome real: Peter Brodbeck )
Nacionalidade: Lissa ( Polonia)
Procedencia imaxe: revista Harper's Bazaar.
Xénero: Moda.
Movemento, corrente estilística: Publicidade.
Data de creación: 2004
Título:  ‘Angela Lindvall and Chris Dye'
Dimensións: 892 x 669
Cor ou branco e negro: Branco e negro.
Data de publicación: Marzo 2005.
Lugar de realización: Warner Bros. Studios, Burbank, California, USA.
Orixinal ou copia: Copia
Asunto ou asuntos: Campaña publicitaria para a revista Harper's Bazaar que conta con prendas de diseñadores como Calvin Klein, John Galiano, NYC.
Plano/escala da imaxe: Plano xeral
Natural ou espontánea / pose ou preparación: Con preparación.


Análise de contido:


Contexto: Campaña publicitaria na cal os diseñadores se inspiran nunha estética bohemia e pacifista, con prendas como, por exemplo, motivos florais, prendas vaqueiras ou túnicas e chaquetas frouxas. Este simulacro de movemento é liderado por Angela Lindvall acompañada por actores e actrices e Hollywood.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato en grupo
Resumo ou descrición do contido: Os retratados estan levando a cabo un simulacro de manifestación ou desfile inspirada no movemento hippie dos anos 60, o que podemos deducir principalmente tanto como pola palabra que dous dos retratados está a escribir no chan ( “peace”) como polos demais integrantes da fotografía que se atopan nun plano máis secundario sostendo algúns deles pancartas co mesmo lema. Ademáis, os que se atopan en segundo plano, atópanse no medio dunha un tanto espesa neblina que provoca que todavía destaquen máis as dúas figuras que están pintando sobre a carretera.
Descritores onomásticos: Modelo, actores, actrices, manifestantes.
Descritores xeográficos: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe: Os retratados atópanse na rúa xa citada de Burbank.
Descritores temáticos: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Manifestación, rúa, pintura, pancartas, paz, bohemio.
Reflexión do equipo sobre a imaxe: A pesar de estar feito adrede, gústame o que representa


Biografía Peter Lindbergh.


             Peter Lindbergh, considerado un fotógrafo de gran importancia en canto á fotografía de moda, foi un dos propulsores do fenómeno de supermodelos dos 90, preferindo que os seus modelos teñan o mínimo maquillaxe requerido e un peiteado sinxelo e traballando en gran medida en branco e negro.
O mesmo Peter Lindbergh que na súa adolescencia se decantaba por unhas ideas hippies, chegando a aprender inglés a través da convivencia con mochileiros norteamericanos cos que habitualmente compartía aventuras, comezou a ter contacto coa arte principalmente a través da pintura e comezando a xurdir posteriormente o seu interés pola fotografía á idade dos vinte e sete. A partir dese momento, e sen cursar en ningunha escola de fotografía, converteuse no asistende dun célebre fotógrafo como era Hans Lux. Posteriormente, comezou a súa carreira como fotógrafo na cidade de Düsseldorf, realizando fotografías para pequenas boutiques de vangarda e, en aproximadamente cinco anos, Peter converteuse nun dos fotógrafos mellores pagados de Alemaña.
Mais o punto de inflexión sería cando en 1978 se muda a París xunto co director artístico de Marie Claire e a partir de aí " todo sucedeu como nun dominó".
Dende entón, a súa fotografía caracterízase por trazos como retratas a mulleres, modelos e actrices célebres con un estilo sofisticado en localizacións como desertos ou praias, tentando con isto retratar unha parte destas persoas non tan "popularizada". Peter Lindbergh colaborou con revistas como Vogue, Rolling Stone ou Harper's Bazaar e traballou con personaxes como Sharon Stone, Brad Pitt, Uma Thurman, Mick Jagger, Pedro Almodóvar, e demais.

Aspecto formal:


Autor: Javier Arcenillas
Nacionalidade: Bilbao, España.
Procedencia imaxe:  Serie fotográfica “Shipbreakers, las termitas del mar”
Xénero: Fotodocumental
Movemento, corrente estilística: Denuncia social.
Data de creación:
Título: Shipbreakers, Las termitas del mar.
Dimensións: 900 x 589
Cor ou branco e negro: Branco e negro.
Data de publicación:  2010
Lugar de realización: Chittagong, Bangladesh
Orixinal ou copia: Orixinal.
Asunto ou asuntos: Denuncia social por el duro y peligroso trabajo que llevan a cabo los habitantes de Chittagong en playas como la del Golfo de Bengala, dónde se desguazan cientos de barcos a lo largo del año.
Plano/escala da imaxe: Plano detalle.
Natural ou espontánea / pose ou preparación: Natural.


Análise de contido:


Contexto: Estamos informados de cómo son creados os barcos, mais non é tan habitual saber cómo centos de estes se destrúen en poboacións como é a situada ao carón de Chittagong. Alí, a diario os traballadores, baixo non só de condicións duras físicamente, senón tamén baixo unha enorme cantidade de riesgos.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera:   retrato individual.
Resumo ou descrición do contido:  Precisamente, nesta fotografía, Javier Arcenillas pretende amosar as mans desos traballadores que a diario soportan e se encontran expostas a pesos e sustancias enormemente perigosas.
Descritores onomásticos: Tóxicos, persoa, mans, desgaste.
Descritores xeográficos:  Chittagong, porto, industria.
Descritores temáticos:  Traballo, esforzo, sufrimento, abuso.
Reflexión do equipo sobre a imaxe: Esforzo,realista, dureza e escravitude.
Biografía de Javier Arcenillas.


Javier Arcenillas, descrito a si mismo como fotógrafo e humanista, sendo Doctor en Psicoloxía Evolutiva pola Universidade Computense de Madrid e membro de Gea Photowords, exerce o fotodocumentalismo dende fai máis de 20 anos. Fotógrafo cunha gran carreira no ámbito de premios e con elo, tamén gañador de moitas becas, entre os cales se atopan o Premio Ejército, o Arts Press Award, KODAK, UNICEF, Joung Photographer, Fotopres, Luis Valtueña de Médicos del Mundo, Premio Doñana, etc...
O seu traballo xira entorno a unha intención humanitaria, tentando retratar e capturar aquelas situacións que contradicen ou mostran a outra cara que non coñecemos noutros lugares que se atopan lonxe dos dereitos que nos consideramos como básicos, situados nun mundo, para él, cada vez máis imparcial e indiferente. Ademáis, as características do seu traballo básanse especialmente no realismo, no branco e negro , denuncia social e espontaneidade.
En anos recente, o seu traballo centrouse en Latinoamérica , interesándose polo tema da violencia nas sociedades. En 2009, comezou dunha forma máis continua en Guatemala co apoio de fotógrafos como Jesús Alfonso e Moisés Castillo. Alí comezou a trioloxía de “ Sicarios”, cuxa segunda parte, titulada “ Nota Roja”, foi realizada en El Salvador, México, Honduras e Guatemala. A terceira parte foi “Latidoamérica” e esta céntrase especialmente en Honduras.
En canto ao seu traballo para Médicos do Mundo atopámosnos ao que engloba a fotografía a describir anteriormente, tratando as “Cidades Vertedeiro” en Centroamérica, e gracias ao cal gañou premios como o Ojo de Pez Prize e o seu cibro “ City Hope”, o cal resume os cinco anos durante os cales traballou neste proxecto.
En canto ás súas inspiracións como fotógrafo, Robert Frank, Diane Arbus e Richard Avedon teñen gran importancia. Javier Arcenillas trata de, ademáis de fotografiar uns temas de gran dureza, implicarse emocionalmente con eles a través dunha figura de narrador. O fotógrafo volve aos lugares que xa fotografiou para documentar unha realidade de forma seria e precisa do que sucede nestes lugares día a día. A súa fotografía pois, poderíase definir coa palabra “ directa”, xa que non tenta evitar riesgos persoais para poder atoparse preto do que sucede nestas sociedades.
Para comprender ben o seu traballo, o fotógrafo mostranos as súas sensacións respecto á súa fotografía:ship
“Nunca he podido contestarme el porque retrato la violencia. Lo cierto es que no es la violencia en si lo que me interesa mas bien sus consecuencias. Conocer las desgarradoras experiencias de la víctimas y ser testigo de muchas de ellas, te cambia la vida de una forma que uno no se puede imaginar.Y es que después me cuesta coger una cámara, es como si esta estuviese hecha de fuego y me quemara los ojos al mirar a través de ella…
Tampoco he comprendido la enorme capacidad que tienen muchos compañeros para hacer una imagen detrás de otra… Abstraerse de lo que ven, de todo lo que sucede y continuar con su trabajo… Ver y sentir la muerte y una semana después fotografiar a un millonario con una pelota en un campo deportivo, es que no se si me da envidia o pena. Cuando me ha tocado hacer informaciones, tiempo después de sentir la violencia, recuerdo que me escapaba corriendo a casa a llorar durante horas…. Sentía que sería muy difícil volver a acoplarme a una sociedad tan compleja.”



coche.jpgFicha:


Aspecto formal:


Autor: Dorothea Lange
Nacionalidade: Estadounidense.
Procedencia da imaxe: Xornais.
Xénero: Documental.
Movemento, corrente estilística: Realismo (reportaxe social).
Data de creación: 1937.
Título: Imperial valley.
Dimensións: NS/NC.
Cor ou branco e negro: Branco e negro.
Data de publicación: 1937.
Lugar de realización: Imperial Valley.
Orixinal ou copia: Orixinal.
Asunto ou asuntos: Gran Depresión Americana.
Plano/escala da imaxe: Plano xeral.
Natural ou espontánea/pose ou preparación: Preparación.

Analise de contido:


Contexto: Traballou para a Farm Security Administration durante a Gran Depresión Americana tras
o crack do 29. Nas súas imaxes intenta mostrar a vida da xente neste momento, sobre todo a dos
inmigrantes que marchaban a Medio Oriente para sobrevivir.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etc.: Escena.
Resumo ou descrición do contido: Vemos a un home con dos rapaces, un coche e unha casa en
pésimas condicións. Segundo o contexto podemos deducir que son emigrantes.
Descritores onomásticos: Familia, choza, paisaxe.
Descritores xeográficos: Imperial Valley, California, EEUU.
Descritores temáticos: Familiaridade, emigración, pobreza.
Reflexión do equipo sobre a imaxe: Triste, familiar e apagada.


Biografía da autora:


Esta fotógrafa naceu o 26 de maio de 1895 e faleceu o 11 de outubro de 1965. Estudou na
Universidade de Columbia, en Estados Unidos. Viviu en Hoboken, New Jersey e en San Francisco,
California. Sufriu, con 7 anos, a enfermidade da polio. Antes de cumprir os 10 anos, os seus pais
divorciáronse e foi aí cando pasou de chamarse Dorothea Nutzhorn a Dorothea Lange. Foi no
instituto cando decidiu adicarse á fotografía de xeito profesional. En 1918, mudou a San Francisco,
onde casou e tivo dous fillos. Nos anos 20 comezou a viaxar polo suroeste fotografiando a nativos
americanos. Nos anos 30, coa Gran Depresión, fotografou a homes emigrantes e sen traballo. Nos
anos 40 convertiuse na primeira muller galardonada cun premio Guggenheim. Tras a II Guerra
Mundial, foi contratada pola OWI, a Oficina sobre información de guerra, para documentar unha
conferencia das Nacións Unidas en San Francisco.
Foi cofundadora de “Aperture”, unha pequena casa de publicidade que publicaba pequenos libros
fotográficos. En outubro de 1965 pasou un cáncer de esófago e faleceu o mesmo mes.
Dorothea Lange dicía “Un debería usar a cámara como se mañán puidera estar afectado pola
cegueira”.



Ficha:


Aspecto formal:
palmas.jpg

Autor: Luís González de Palma.
Nacionalidade: Guatemala.
Procedencia da imaxe: Exposición.
Xénero: Fantástico e surrealista.
Movemento, corrente estilística: Surrealismo.
Data de creación: 2007.
Título: Variación 8 de Jerarquías de la intimidad.
Dimensións: 100cm diámetro.
Cor ou branco e negro: Cor. Sobre todo predominan as cores frías.
Data de publicación: 2014.
Lugar de realización: Arxentina.
Orixinal ou copia: Orixinal.
Asunto ou asuntos: Incomunicación, frustración e encerro interior.
Plano/escala da imaxe: Plano curto.
Natural ou espontánea/pose ou preparación: Preparada.

Analise de contido:


Contexto: Fotografía sacada en estudio. Fixo esta serie para mostrar o silencio, a tensión dun
drama inquietante e as feridas da memoria.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etc.: Retrato.
Resumo ou descrición do contido: Vemos unha muller que pousa a súa man sobre outra que sae
da parede. É unha imaxe irreal.
Descritores onomásticos: Señora, mans, azul.
Descritores xeográficos: Arxentina.
Descritores temáticos: Intimidade, encerro interior, soidade.
Reflexión do equipo sobre a imaxe: Mostra moi ben o que quere representar


Biografía do autor:


Este fotógrafo nace en Guatemala no 1957 e adoita traballar en Córdoba, Arxentina.
Entre as súas exposicións personais podemos salientar: The Art Institute of Chicago (USA);
The Lannan Foundation, Santa Fe (USA) ; The Australian Centre for Photography, Australia;
Palacio de Bellas Artes de México T; he Royal Festival Hall en Londres ; Palazzo Ducale di
Genova, Italia Museo ; MACRO y Castagnino de Rosario, Argentina en festivais de ;
fotografía como Photofest en Houston, Bratislava en Slovakia, Les Recontres de Arles en
Francia, PHoto España en Madrid, Singapur, Bogotá, San Pablo e Carcas, por exemplo.
Participou en mostras colectivas como a 49 e a 51 Bienal de Venecia, o Fotobienal de Vigo,
XXIII Bienal de Sao Paulo en Brasil, o V Bienal na Habana no ; Ludwig Forum for
International Kunst en Aachen, Alemaña ; The Taipei Art Museum en Corea, o Museo de
Belas Artes de Buenos Aires en Arxentina, a Fundación Daros en Zurich, Suiza o ; Palacio
do Conde Duque en Madrid e a Fragfabriken en Estocolmo, Suecia.
O seu traballo está recollido en varias coleccións públicas e privadas, incluíndo The Art
Institute of Chicago, The Daros Fundation en Zurich, La Maison European de la
Photographie en Paris, The Houston Museum of fine Arts en Estados Unidos, a Fundation
pour l’Art Contermporain en París, a Fondazione Volume! en Roma, a Biblioteca Luis Angel
Arango en Bogotá, The Fogg Museum na Universidade de Harvard e o Minneapolis Institute
of Art en Estados Unidos. Por último, apareceu nunha colección no Kiyosato Museum of
Photographic Arts en Xapón.
Recibiu o Gran Premio PHotoEspaña “Baume et Mercier” en 1990 e colaborou coa posta en
escea da produción da ópera “The death and the maiden” de Malmö no ano 2008, en
Suecia.
Ten tres monografías do seu traballo publicadas. Podemos mencionar “Poems of sorrow” de
Arena Ediciones, “El silencio de la mirada” en Ediciones Pelliti, Roma e Luis González
Palma, Ediciones “La fábrica”, España.
Unha frase dita por Luís González de Palma sería: “A fotografía é unha excusa, non me interesa. É
un medio e cada vez me costa máis. O que me interesa é a imaxe, non a fotografía”.


Ficha


Aspecto formal:


Autor: Cristina García Rodero.
Nacionalidade: España.
Procedencia imaxe: Serie fotográfica.
Xénero: Documental.
Movemento, corrente estilística: Documental.
Data de creación: 2000.
Título: Sen título.
Dimensións: 940x625.
Cor ou branco e negro: Branco e negro.
Data de publicación: 2.000.
Lugar de realización: Puglia, Italia.
Orixinal ou copia: Orixinal.
Asunto ou asuntos: Mulleres nunha procesión
Plano/escala da imaxe: Plano xeral.
Natural ou espontánea / pose ou preparación: Natural, espontánea.


Análise de contido:


Contexto: Mulleres nunha procesión en Italia.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera:  Retrato colectivo.
Resumo ou descrición do contido: Mulleres camiñan nunha procesión con velos negros.
Descritores onomásticos: mulleres, viuvas.
Descritores xeográficos: Puglia, Italia.
Descritores temáticos: procesión, morte.


Reflexión do equipo sobre a imaxe: parécenos unha imaxe moi escura, como moito do traballo de esta autora. Ademais o branco e negro dalle moita forza ao seu contido e o que quere expresar.


Biografía de Cristina García Rodero
Cristina García Rodero naceu en España en Puertollano. Estudou Belas Artes na Universiade Complutense de Madrid antes de adicarse á fotografía. Dedicouse durante 16 anos a plasmar fotografías de festas populares, paganas e relixiosas en España pero tamén no resto dos países do Mediterráneo.
Gañou prestixiosos premios como o W. Eugene Smith Foundation Prize (1989) e o Premio Nacional de Fotografía en España (1996).


Ficha



Aspecto formal:


Autor: Terry O’Neill.
Nacionalidade: Reino Unido.
Procedencia imaxe: Documento Dixital.
Xénero: Retrato realista.
Movemento, corrente estilística: Documental.
Data de creación: 1966.
Título: Audrey Hepburn.
Dimensións: 700x700.
Cor ou branco e negro: Blanco e negro.
Data de publicación: 1966.
Lugar de realización: París.
Orixinal ou copia: Orixinal.
Asunto ou asuntos: Retrato a unha actriz no rodaxe dunha película.
Plano/escala da imaxe: Primeiro plano.
Natural ou espontánea / pose ou preparación: Espontánea.


Análise de contido:


Contexto: Audrey Hepburn fotografiada na rodaxe de How to Steal a Million.
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato individual.
Resumo ou descrición do contido:  Primeiro plano en blanco e negro da actriz Audrey Hepburn, portando un sombreiro branco, uns guantes brancos e unhas gafas de sol.
Descritores onomásticos: Audrey Hepburn.
Descritores xeográficos: París.
Descritores temáticos: rodaxe, How to Steal a Million,


Reflexión do equipo sobre a imaxe: Parécenos unha imaxe moi acertada de como era a actriz, unha verdadeira actriz que transcendeu ao longo das décadas.


Biografía
Naceu en 1938. De mozo, nos anos 60, pretendia viaxar aos Estados Unidos para ser músico, pero o seu futuro veuse truncado cando lle fixo unha foto ao secretario de Asuntos Exteriores británico durmido no aeroporto de Londres. Un periódico comprou esa imaxe e a súa carreira diu un xiro de 180 grados.
Comezou a adentrarse no mundo da fotografía, sendo un dos pioneiros en captar cunha lente a The Beatles e aos Rolling  Stones. De feito, a fotografía dos de Liverpool chegou a ser portada nun periódico, do cal se esgotaron os exemplares rapidamente. Ademais, estar nesa época na capital do Reino Unido permitiulle estar en contacto coas modas e correntes de aquel entón, como Mary Quant. Tamén a actrices entre as que cabe destacar Audrey Hepburn, pola cal O’Neill sentía unha gran debilidade. Outra persoa pola que tivo especial debilidade o autor é Frank Sinatra, ao cal seguiu durante trinta anos a todas partes, facéndolle as fotos que quería.
O seu traballo caracterízase por ser realizado cun obxectivo 35mm, permitíndolle levar consigo un equipo moito máis lixeiro e fácil de manexar que o resto de fotógrafos da época. Ademais, pasaba días enteiros cos fotografados, permitíndolle captar situacións do máis naturais.
Realizáronse tres veces retrospectivas da súa obra en Chris Beetles Fine Photographs (2006, 2010 e 2011). En Xulio de 2009 unha exposición da súa carreira enteira fíxose no Getty Image Gallery in the Village de Londres. Ese mesmo ano no San Francisco Art Exchange realizou xunto con Elton John e Frank Sinatra.
Foi galardoado co Royal Photographic Society polo seu labor no arte e fotografía en 2011.




Fotógrafos que botamos en falta:

  • Annie Leibovitz.
  • Diane Arbus.
  • Elliot Erwitt.
  • Izabela Urbaniak.
  • Javier Vallhonrat.
  • Quinn Jacobson.
  • Robert Capa.
  • Rodchenko.
  • Walker Evans.
  • William Eggelston.


Conclusión:
Ao noso grupo pareceulle un traballo de invesigación moi interesante. Tivemos lixeiros problemas para atopar algunha información, sobre todo no tema de autoría e datas. Tamén pensamos que foi un traballo moi criticado polo feito de ter que realizar unha análise tan exhaustiva das fotografías, xa que era algo novo para moita xente.
En síntese, pensamos que foi un traballo bonito e entretido. Tamén poderiamos dicir que algo necesario, posto que moitos dos nosos compañeiros, tamén doutros grupos, non mostraron nunca interés pola fotografía e grazas a esta tarefa descubriron o mellor desta arte.


BIBLIOGRAFÍA


Atelier Robert Doisneau. “Biographie complète”. Consultado 6 de abril de 2016 http://www.robert-doisneau.com/fr/robert-doisneau/biographie/


Arcenillas Photography, Javier. “ Javier Arcenillas Bio”. Consultado 6 de abril de 2016.


Biography. 2016. “Dorothea Lange”. Consultado 6 de abril.


Blog Deia. “ … Javier Arcenillas: ‘ Las terminatas del mar’ ”. Consulta 6 abril 2016.


Cada día un fotógrafo / fotógrafos en la red. “Javier Arcenillas”. Consulta 7 abril 2016.


Cada día un fotógrafo/ fotógrafos en la red. “Peter Lindbergh”. Consulta 29 marzo 2016.




EquipoDeBuscaBiografías.com. “Robert Doisneau”. Consultado 29 de marzo de 2016. http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/6980/Robert%20Doisneau


EquipoDeBuscaBiografías.com. “Man Ray”. Consultado 30 de marzo de 2016 http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/4453/Man%20Ray


Espacio Fundación telefónica. 2015. “González Palma. Constelaciones de lo intangible”.
Consultado 29 de marzo.


Espacio Fundación Telefónica. 2015. “Terry O’Neill. El rostro de las leyendas”. Consultado 4 abril.


Ferrol, Manuel. Consultado 30 de marzo de 2016.


Ferrol, Manuel. “Manuel Ferrol fotografías de la emigración”. Salesdeplata. Consultado 30 de marzo 2016.


Ferrol, Manuel. Wordpress. Consultado 30 de marzo de 2016.


Gea Photowords. “ Entrevista Gea - Javier Arcenillas. Consulta 5 abril 2016.


Grove, Ánxel. “Robert Doisneau, el fotógrafo empeñado en mostrar la vida "no como es, sino como debiera ser". 20 minutos, 2 de xullo de 2013, consultado 29 de marzo de 2016, http://www.20minutos.es/noticia/1859557/0/robert/doisneau/exposicion/


Grupo de Investigación ITACA – UJI. “Banco de datos análisis de la imagen fotográfica”. Universitat Jaume, consultado 6 de abril de 2016 http://www.analisisfotografia.uji.es/root2/pdf/Man%20Ray%20(1930).pdf


Historia del Arte. “Man Ray”. Consultado 30 de marzo de 2016. http://www.historiadelarte.us/pintores/surrealismo/surrealismo-man-ray-el-violin-de-ingres.html


History Place, The. 2012. “Dorothea Lange. Migrant Farm Families. Photos with Original Captions”. Consultado 29 de abril.


Independent, “The image maker”. Consulta 30 marzo 2016.  http://www.independent.co.uk/life-style/fashion/news/the-image-maker-1239216.html


Jiménez, José. “Del dadaísmo al surrealismo. Centro Pompidou, París”. ABC, 27 de xullo de 2014, consultado 29 marzo 2016, http://alejandradeargos.com/index.php/en/todos-los-articulos/8-arte/320-del-dadaismo-al-surrealismo-centro-pompidou-paris


Killip, Chris. “Author Killip”. Errataeditions. Consultado 30 de marzo 2016.


Killp, Chris. Bio. Consultado 30 de marzo 2016.


Killip, Chris. “Punks dancing, Gateshead”. Eric Franck Fine Art. Consultado 30 de marzo 2016.


Killip,  Chris. “In Flagrante: photographs by  Chris Killip. FT Magazine.


La Enciclopedia Biográfica en Línea: Biografías y Vidas, “Man Ray”. http://www.biografiasyvidas.com/biografia/r/ray_man.htm


La Enciclopedia Biográfica en Línea: Biografías y Vidas, “Robert Doisneau” . http://www.biografiasyvidas.com/biografia/d/doisneau.htm


La Fundación Arte Historia. “Man Ray”. Consultado 31 de marzo de 2016. http://www.theartstory.org/artist-ray-man.htm


Luis González Palma. 2007. “Jerarquías de la intimidad (La anunciación)”. Consultado 29 de marzo.


Luzán, Julia. “Mucho más que un beso”. El País, 19 de novembro de 2006, consultado 30 de marzo de 2016, http://elpais.com/diario/2006/11/19/eps/1163921211_850215.html


Magnum Photos. “Cristina García Rodero”. Consultado 30 Marzo.


Marin, Alberto. “La estética Man Ray”. El País, 7 enero 2007. Consultado 29 marzo 2016, http://elpais.com/diario/2007/01/07/eps/1168154812_850215.html


Michel Guerrin, “Le douloureux "Baiser" de Robert Doisneau”. Le Monde France, 6 de maio de 2005, consultado 29 marzo 2016, http://www.lemonde.fr/idees/article/2005/05/06/le-douloureux-baiser-de-robert-doisneau_646820_3232.html


Museo Femenino. “El violin de Ingres”. Consultado 6 de abril de 2016 http://www.museosenfemenino.es/museo_reina_sofia/ausencias/el-violin-de-ingres


Photos Peter Lindbergh, “ Harper’s Bazaar - Peace Demonstrations”. Consulta 30 marzo 2016. http://peter.lindbergh.free.fr/lind40.html


Riaño, H. Peio. 2015. “Luis González Palma. El fotógrafo de lo invisible”. El Confidencial, 10
de junio. Consultado 5 de abril.
http://www.elconfidencial.com/cultura/2015-06-10/luis-gonzalez-palma-belleza-sufrimiento-di
os-fundacion-telefonica_876524/


Roa fotografía y más, Rafael. “Javier Arcenillas, ‘ Latidoamérica’ ”. Consulta 5 abril 2016.


Sánchez, Fernández. “Fotografías famosas: El beso de Robert Doisneau”. Hipertextual, 5 de febreiro de 2013, consultado 30 marzo 2016, http://hipertextual.com/archivo/2013/02/fotografias-famosas-el-beso-de-robert-doisneau/


San Francisco Art Exchange. “Audrey Hepburn, Glasses and Hat by Terry O’Neil”. Consultado 5 abril 2016.


The J. Paul Getty Museum. “Le Violon d'Ingres (Ingres's Violin)”, consultado 6 abril 2016. http://www.getty.edu/art/collection/objects/54733/man-ray-le-violon-d'ingres-ingres's-violin-american-1924/.


Vogue España. “ Peter Lindbergh”. Consulta 29 marzo 2016.


We are selecters. “Peter Lindberg - Known and The Unknown”. Consulta 31 marzo 2016.