jueves, 4 de febrero de 2016

Similitudes entre o proceso de produción de un produto audiovisual e a elaboración dun traballo académico.

    A primeira coincidencia entre a elaboración dun produto audiovisual e dun traballo é que ambos os dous parten dunha idea. Para elaborar un produto audiovisual é necesario un guión ao igual que para a elaboración dun traballo. No caso do produto audiovisual precísase dun guión técnico (desglose de produción, plan de traballo, financiación). Tamén presentan en común o feito de que ambos pretenden obter uns obxectivos no caso dun produto audiovisual, sería máis ben provocar un determinado comportamento. A metodoloxía tamén é un aspecto que teñen en común, xa que en moitas ocasións os produtos audiovisuais responden a un esquema de presentación, desenvolvemento e desenlace. Outro denominador común sería a investigación que se relacionaría coa produción propiamente dita do produto. A bibliografía dun traballo poderiamos comparala cos créditos finais do produto audiovisual e o anexo ou apéndice en algúns casos (como o das series e algunhas películas), poderían relacionarse coas tomas falsas ou co resumo do que pasará no capítulo seguinte. A conclusión no produto audiovisual estaría ao final de todo o proceso xa que, se extraen conclusións unha vez que o produto audiovisual recibe críticas ou felicitacións.

1 comentario: