miércoles, 10 de febrero de 2016

Dous artigos de opinión que teñan posturas contrapostas sobre a situación política na actualidade.


Tortosa, Juan. "Sánchez y Rajoy, como gatos panza arriba". Público, 3 febreiro 2016. <http://blogs.publico.es/juan-tortosa/2016/02/03/sanchez-y-rajoy-como-gatos-panza-arriba/> [Consulta: 5 febreiro 2016]

    Un dos artigo de opinión que escollemos para analizar e que leva por título Sánchez y Rajoy, como gatos panza arriba foi publicado o día 3 de febreiro de 2016 no xornal Público mostra a opinión de Juan Tortosa. a favor do goberno do PSOE. Para argumentar a súa defensa cara este partido baséase en que o PSOE xa tivo que ter resistencia en momentos pasados, en que xa conseguiu sobrevivir a puñaladas e a discreción. Non obstante, o autor non mostra tan claramente as súas ideas políticas xa que, cara o principio do artigo cualifica a PSOE de temeroso e cara o final deste indica como non ten claro o que vai facer Pedro Sánchez, se vai virar a súa ideoloxía cara as dereitas ou vai seguir reivindicando as súas señas de identidade polas cales os antigos dirixentes apostaran. Isto último pode amosar que non expresa totalmente a súa opinión porque non se decanta por dicir o que el cre que vai decidir Pedro Sánchez. Non obstante, onde máis se mostra que non se decanta por ningún dos dous modelos de facer política e no último parágrafo no que trata tanto a Rajoy como a Pedro Sánchez de gatos. Con respecto as fontes non hai ningunha mencionada non artigo.

Nieto, José Antonio. "Podemos, ante el reto de gobernar con el PSOE". Público, 3 febreiro 2016.
<http://blogs.publico.es/econonuestra/2016/02/03/podemos-ante-el-reto-de-gobernar-con-el-psoe/> [Consulta: 5 febreiro 2016]

    Un dos artigo de opinión que escollemos para analizar e que leva por título Podemos, ante el reto de gobernar con el PSOE foi publicado o día 3 de febreiro de 2016 no xornal Público. Este artigo mostra a opinión de José Antonio Nieto acerca da situación política actual. José Antonio Nieto mostra a súa desconfianza cara o PSOE, Isto baséao en que xa gobernaron noutras situacións e non deron mellorado demasiado a situación xa que tomando como exemplo un dos moitos que pon o autor deste artigo, o PSOE promoveu notables avances en materia social pero eses logros aplicaron políticas económicas que provocaron a desigualdade, a precariedade e o deterioro das condicións de vida da poboación. Por outro lado o autor móstrase a favor de Podemos defendendo que será este partido e non o de Pedro Sánchez o que está ante o reto de gobernar ben. Ao igual que no outro artigo non se fai referencia en ningún momento a outra fonte.

1 comentario:

  1. Ben o traballo e ben a URL co enlace. Pero sí sería útil facilitar toda a referencia completa.

    ResponderEliminar